Entrega de mencións ás comparsas do entroido 2020!!!

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, en substitución da concelleira de Eventos que  Cristina Fernández, entregou as mencións das comparsas do entroido 2020 logo dunha intensa valoración e deliberación das e dos membros do xurado que acordaron entregalas a:

  • Mención á temática Orixinal: Ondiñas de papel de Ondiña do Mendo

  • Mención temática máis actual: Viva España de Guláns

  • Mención á mellor copla: Comparsa Confarsa da Asoc de Veciños Rúa de Abaixo

  • Mención música en directo:Batucada CDM do Centro de Desenvolvemento Musical

  • Mención á mellor animación: Circo do Sol de Canedo

  • Mención á mellor carroza:Os Campechanos

  • Mención comparsa minimalista: Saladino da Fonte do Baratillo

  • Mención á mellor coreografía: Cultura Oriental da Asociación Os Muíños de Oliveira

  • Mención á mellor vestiario: Carnaveleros espaciales de Carnavaleros

  • Mención mellor maquillaxe: Brincafuturo Brincadeiros

  • Mención mellor espectáculo: Larga vida: non temas a morte. A Vila

O xurado composto por Roi Vidal Ponte, Patricia Farpón, Manrique Fernández e Sofía Rodríguez salientan o bo traballo realizado por todas as comparsas e a difícil decisión de repartir as mencións dado o bo nivel de vestimenta, maquillaxe, coreografías e animación de todas elas.

A concellería de Eventos agradece a participación de todas elas e a colaboración tamén da comparsa “Mondariz, baixo o mar”, e recoñece o traballo tanto do persoal do Concello como das veciñanza colaboradora.