Emotivo acto de entrega dos Premios Concello de Pontearas, ano 2013

Q55A9160Q55A9306
Q55A9690
Q55A9016Q55A9595alumnos do conservatorio 
Este sábado, día 3 de maio, nun emotivo e solemne acto institucional celebrado no Auditorio Reveriano Soutullo, o Concello de Ponteares fixo entrega dos Premios Concello de Ponteareas  2013.

Nun emotivo e entrañable acto, cheo de música e lembranzas sobre os galardoados, o Concello de Ponteareas fixo entrega dos Premios “Concello de Ponteareas 2013” ás persoas e entidades merecedoras de tal galardón, que ten por obxecto exaltar e galardoar a traxectoria de persoas e colectivos que se distinguisen en calquera actividade humana, comportamento exemplar e virtudes cívicas, así como pola trascendencia e importancia das súas contribucións á sociedade. Así, pois, estes premios abranguen distintos apartados, como é o eido Empresarial, Comercial, Deportivo, Social e Cultural.

No eido Empresarial, o galardón recaeu na Empresa Covelo (matriz das actuais), recoñecendo a súa contribución ao desenvolvemento económico de Ponteareas ao longo da súa existencia. No eido Social, foi obxecto deste recoñecemento o Colexio Santiago Apóstol polo labor social que vén desenvolvendo desde o ano 1945.  O atleta Enrique Freitas Andrade foi o premiado dentro do eido Deportivo, como merecido galardón á súa carreira deportiva, contribuíndo a situar a Ponteareas en lugares de honra dentro do mundo do deporte. O Premio, no eido Comercial, tivo o seu recoñecemento no colectivo das “ Peixeiras de Xinzo”, polo labor comercial desenvolvido ao longo de varias xeracións, promovendo un importante desenvolvemento económico e comercial da vila do Tea.

Dentro do eido Cultural, o Premio Concello de Ponteareas recaeu na Coral do Centro Artístico Sportivo, pola súa extraordinaria contribución ao patrimonio musical e cultural da nosa comarca ao longo de preto de 50 anos, sendo canteira de grandes voces.

Esta gala na que a música tivo un papel moi relevante, contou con varias interpretacións musicais a cargo de alumnos do Conservatorio de Música Reveriano Soutullo, os cales deleitaron aos asistentes con varias obras a piano, acompañados de  interpretación.

Tras as semblanzas, os galardoados recibiron o premio da man do alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado polos concelleiros das respectivas áreas. Tras rematar as glosas e a entrega de premios, o alcalde pasou a felicitar a cada un dos premiados polo seu labor desenvolvido nos diferentes eidos da sociedade e, así mesmo, animounos a seguir pola senda marcada que os fixo merecedores deste destacado galardón.

Para finalizar, a premiada Coral do Centro Artístico Sportivo pechou a gala poñéndolle un broche de ouro coa estrea de dúas novas obras, unha delas con música do ilustre compositor ponteareán Reveriano Soutullo Otero, amosando unha vez máis a súa fonda sensibilidade e a súa excelencia musical.