EcoFeirón do Río Tea, o domingo 5 de xullo en Ponteareas

eco-feiron-do-rio-teaA Comisión do Cristo do Piñón, en colaboración co Concello de Ponteareas e coa Asociación Cultural La Cañada del Arte, organizará o “EcoFeirón do Río Tea” o vindeiro domingo, 5 de xullo, na parroquia ponteareá de Padróns.

O evento constará de moitas actividades que se desenvolverán ao longo de todo o día. Ás 10:00 horas dará comezo unha andaina polo río Tea que sairá dende a Ponte Dos Remedios e rematará no Cristo do Piñón.

A partir das 11:00 horas, no recinto do Cristo do Piñón, en Chan da Gándara, será posible gozar dun mercado verde, organizado por Ekohuerta Medicial de Carlos, no que se poderá atopar gastronomía ecolóxica, cosmética natural, artesanía, produtos da horta, panadería ecolóxica e oficios en directo. Este mercado estará aberto até as 21:00 horas.

Tamén dende a mañá empezarán diversos talleres infantís, talleres de relaxación visualización creativa e unha ruta interpretativa pola zona. Xa pola tarde, todos os visitantes poderán gozar da poesía con Isabel Blanco.

O evento contará tamén coa presenza dun pulpeiro, cun espazo para visualizar a “Exposición Artespantallo” e estará amenizado por música folk. Para máis informacións é posible consultar a seguinte ligazón.