É o momento de crear… participa no concurso de microrrelatos “O libro da túa vida”

Dentro das iniciativas que está desenvolvendo a Concellería de Cultura nestes días de confinamento polo Covid-19, convócase o primeiro concurso de microrrelatos por internet “O libro da túa vida”.

Aberto a todas as persoas que desexen participar, os textos deben ser en galego e non superar as cen palabras, sen incluír o título. Tamén deben acompañar unha imaxe ou un debuxo relacionada coa trama.

O prazo para enviar os microrrelatos remata o 30 de abril e deben ir acompañados do nome e apelidos da persoa autora e un teléfono de contacto.

Os textos acompañados da imaxe deben enviarse a bibliotecamuseo@ponteareas.gal

A partir do 23 de abril, Día do Libro, comezáranse a publicar os relatos no facebook de Cultura e Turismo.

Todos e todas as participantes recibirán un agasallo e ademais un xurado imparcial decidirá os tres mellores relatos que recibirán uns premios especiais ao longo do mes de maio.

Para calquera dúbida en relación con este concurso de microrelatos poden chamar ao teléfono 673794762 ou escribir a bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba Bouza invita a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa para conmemorar o Día do Libro compartindo os nosos relatos coa poboación do Concello.

Consulta as bases na pestaña Cultura, “bases cultura” da páxina web ou directamente nesta ligazón https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/