Dous anos de goberno con estratexia e obxectivos cumpridos

O grupo de goberno do concello de Ponteareas ven de facer dous anos e chega ao ecuador do mandato cun balance positivo no que as tres forzas políticas cumpren co primeiro obxectivo marcado: antepor os intereses da veciñanza diante dos intereses do partido. Froito disto Ponteareas conta cun goberno estable centrado en atender as prioridades da cidadanía cun maior apoio á educación, cultura, colectivos desfavorecidos e comercio.
Nestes dous anos de traballo intenso as cifras tamén falan, das 3246 demandas de obras que se recibiron nestes dous anos, resolvéronse 2740 quedando só pendentes de execución 506.
Redución nun 58% da débeda pública en dous anos
Nos últimos dous anos Ponteareas redución a débeda nun 58%, pasando de 11,6 a 4,9 millóns de euros. O goberno de Ponteareas destaca o feito de non so ter conseguido superar a delicada situación económica do concello se non de tomar as medidas necesarias para acadar, a final deste ano 2017 e,por primeira vez na historia de Ponteareas, que as contas do concello estean saneadas e con remanente positivo para acometer as obras sociais que os veciños levan tanto tempo agardando.
Pero ademais de ter a capacidade de por ao día as contas, o actual governo está realizando un importante esforzo a nivel tecnolóxico para facer de Ponteareas un concello do século XXI. Neste sentido púxose en marcha a administración electrónica co apoio da Deputación e xa está en marcha tamén a renovación do equipamento informático do Concello.
Outras da políticas de cambio do actual goberno tense reflexado nas iniciativas postas en marcha nas áreas de ensino, cultura, deporte ou o comercio. Destacaron a posta en marcha dun novo comedor escolar, a semana das ciencias, os campamentos en vacacións escolares. Unha completa programación cultural, atractiva e variada. Un maior apoio ao deporte e a pluralidade de actividades deportivas, así como o Plan de dinamización comercial no que se aposta pola revitalización do sector con diferentes medidas de promoción.
Apoio económico ás familias que máis o necesitan
Neste dous anos incrementáronse en máis dun 80% as axudas sociais para as familias que máis o necesitan, pasando as axudas de emerxencia dos 60.000 euros de 2015 aos 110.000 do presente ano. Neste tempo tamén se duplicaron o número de persoas beneficiarias da axuda domiciliaria por dependencia. Outra da medidas postas en marcha neste mandato son as axudas para material escolar e libros para as familias con escasos ingresos.
Outra das apostas do novo goberno de Ponteareas foi buscar o entendemento con todas as institucións, destacando as relacións coa Deputación de Pontevedra, que xa deu os seus froitos cun novo convenio para mellorar o Castelo do Sobroso, o estudo de mobilidade ou co plan Móvese, entre outros acordos de colaboración.
Este goberno prioriza a calidade de vida das persoas e tamén por primeira vez se deron os pasos necesarios para contar cunha rede de parques forestais, especialmente do da Picaraña, que coa prevista axuda da Deputación arrancará a finais de ano, facendo unha defensa e posta en valor do monte, unha das principais riquezas do concello.
Ponteareas é hoxe unha vila cardioprotexida cunha inversión en desfibriladores nos campos de fútbol e distintas dependencias municipais,
O grupo de goberno quere “agradecer aos veciños que entendan que estamos a destinar moitos recursos para pagar os pufos da débeda histórica do Concello e non a mellorar os servizos e infraestruturas municipais. Levamos dous anos pondo orde económico para poder agora arrancar coa estratexia de cambio para Ponteareas”.
Loita contra a corrupción
Outra das decisións que destacan destes dous anos de goberno é a comunicación á cidadanía dos casos de descontrol e corrupción na xestión do Concello e nesta liña de actuación foi a personación do Concello de Ponteareas na causa xudicial aberta pola Operación Patos, na que están imputados o anterior alcalde, Salvador González Solla, e a ex concelleira de Facenda, Belén Villar, “actuamos defendendo os intereses de todos os veciños de Ponteareas e con total transparencia frente a corrupción” incidiron os portavoces das tres forzas do goberno de coalición BNG-PSOE-ARDT