Dobrete para as e os nosos nadadores!!!

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, en nome de todo o goberno felicita novamente aos e ás nadadoras da categoría máster do Club Natación Ponteareas polos podios acadados nesta fin de semana en Santiago de Compostela.

Na piscina de Santa Isabel o equipo feminino proclamouse, por terceiro ano consecutivo, Campión Galego de Fondo celebrando ao grande o Día da Muller Traballadora e o equipo conxunto acadaba o primeiro posto proclamándose tamén Campión Galego de Fondo.

As nadadoras e nadadores do Club ponteareán enfrontáronse as probas de 800 metros e 1.500 m.