Do 22 de Xuño ao 01 de xullo, volve o IX Open Tenis Vila do Corpus

sdr

As pistas municipais da Freixa acollen desde desde hoxe venres o IX Open Tenis Vila do Corpus, torneo xa emblemático que se celebra tódolos anos na nosa vila. O torneo está organizado polo Club Tenis Ponteareas en colaboración coa Concellería de Deportes, dirixida polo socialista Benito Márquez. Nel participarán máis de 140 tenistas  de toda a península.

O torneo consta de categorías tanto masculinas como femininas., e os partidos xogaranse ao mellor de dous sets, aplicándose tie-break en todos eles. En caso de empate a sets, xogarase un super tie-break a 10 puntos. O horario dos partidos será desde as 9:45 ás 20:00 h.

Haberá premios en metálico para os gañadores tanto en categoría masculina como feminina.

Benito Márquez, concelleiro de Deportes, anima a tódolos veciños e veciñas a participar nesta proba emblemática da nosa vila. “Esta proba está medrando cada vez máis e está sendo recoñecida no mundo de tenis en toda Galicia”.