Do 1 ao 15 de xuño poderase solicitar praza na escola infantil municipal

 

As familias xa poden atopar os impresos para a solicitude na páxina web do Concello

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, informa que na páxina web do Concello xa están a disposición das familias os impresos para solicitar praza na escola infantil municipal.

Do 1 ao 15 de xuño estará aberto o prazo para que todas aquelas familias con fillos e fillas nadas a partir do 1 de xaneiro de 2018 presenten as solicitudes. Poderán solicitar praza na Escola Infantil Municipal aqueles nenos e nenas con idade entre os 3 meses e os 3 anos.

Por ser unha escola de integración, pódese solicitar praza para nenas e nenos con discapacidade física, psíquica e sensorial. Neste suposto, poderase, logo da valoración técnica, prorrogar a permanencia destas nenas/os un ano máis, fóra dos límites da idade.

Os impresos de solicitude deberanse cubrir preferiblemente por vía telemática na páxina web do Concello de Ponteareas https://ponteareas.gal ou clikando directamente na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/tramites-e-impresos/matricula-escola-infantil-2021/

Tamén se poderán recoller na Escola Infantil Municipal, das 9 ás 14 horas, mediante cita previa telefónica no número: 673 794 789. Neste mesmo número poderanse realizar consultas telefónicas durante o horario anteriormente sinalado.