O concello de Ponteareas convida a toda a cidadanía a desfrutar da programación de nadal que ofrece actividades totalmente de balde para todos os públicos. Este martes día 17 e o venres día 20 de novembro ven divertirte á praza Maior e participa no obradoiro de iniciación ao baile tradicional.
Impartido por AC Sadeo comezará ás 19:30 horas na carpa da praza Maior e non é preciso realizar inscrición previa. Ponte en forma e prolonga o noso legado cultural!!!