Discapacitados de Ponteareas reciben os seus diplomas

20141125_165508No salón de sesións do Concello de Ponteareas, tivo lugar a clausura en entrega de diplomas aos participantes na acción formativa: “Auxiliar de Servizos e Control de acesos”.

O acto contou coa presenza da concelleira de servizos sociais-atención primaria, Marisol Valado, quen estivo acompañada por Montserrat Cuevas, Angel Holguera e Aurelio Fernández, representantes de Adapta, Cogami e Asprodico, respectivamente.

A concelleira Valado felicitou aos participantes, salientando a importancia da súa titulación, porque con ela, “ábrense as portas, para poder traballar no sector da Seguridade Privada. Sector, que require persoal que preste os seus servizos, baixo estritas normas e leis e que está actualmente en auxe, tanto a nivel nacional como na comunidade autónoma”. Por outra banda, tamén puxo a súa disposición, os servizos da Axencia Municipal de Colocación e do Centro De Desenvolvemento Local.

O curso, que estivo dirixido a persoas con discapacidade, residentes na comunidade autónoma, forma parte do programa de formación profesional, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo FSE, no marco do programa operativo FSE-Galicia 2007-2013

O centro municipal Asprodico, foi quen acolleu nas súas instalacións, perante as 280 horas lectivas do curso, aos doce participantes, once homes e unha muller, procedentes de Ponteareas e concellos veciños como: Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, Mos, As Neves, A Cañiza e Arbo

Para a impartición do mesmo, contouse con dous docentes, encargados e transmitir aos alumnos, os coñecementos necesarios, para a adquisición das competencias profesionais, en áreas instrumentais como: ofimática, xurídica, administrativa e de habilidade social, necesarias para o correcto desempeño do posto de traballo.

A formación, complétase coa realización de 45 horas de prácticas en empresas como Eulen, APC, Grupo 5, e Real Club Náutico de Vigo.