Diplomas que valoran o esforzo

A Alcadesa en funcións, Cristina Fernández e a Concellería de Benestar Social , Verónica Carrera entregaron hoxe os diplomas do obradoiro ocupacional de ASPRODICO.
Este obradoiro no que participaron doce persoas impartíuse dende outubro a xuño nas instalacións do centro.
Onte celebraron a fin do curso cun xantar e o martes viaxaron a Baiona para relaxarse no Talaso.
Fernández e Carrera tamén entregaron os diplomas aos alumnos da ensinanza para adultos que este ano contou cun grupo de 21 personas entre as que se atopaba un alumno de 81 anos. As clases tamén se impartiron de outubro a xuño.
A Alcaldesa en Funcións e Concelleira de Ensino destaca “a importancia da formación e anima a tódolos veciños, con independencia da idade, a aprender e incrementar os seus coñecementos. Calquera pode informarse nas clases do ensino para adultos na traballadora social durante todo o ano”.
Pola súa parte a Concelleira de Benestar Social informa que calquera persoa ou familia que precise os servizos de ASPRODICO pode achegarse ás instalacións do centro en horario de sete e media a tres da tarde para obter máis información.