Día do Usuario das Bibliotecas (11 de xaneiro)

Cartel DIA USUARIO BIBLIOTECA-page-001A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas co motivo do Día do Usuario das Bibliotecas (11 de xaneiro), que neste caso coincide nun domingo, polo queremos celebrar no día seguinte, o luns 12 de xaneiro, agasallando con un libro todo o usuario que se achegue durante o día para levar en préstamo un libro, facendo a devolución de algún libro que teña no seu poder ou dándose de alta como usuario da biblioteca.

O obxectivo desta celebración é fomentar a lectura a toda a cidadanía para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.

A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.