Día internacional das persoas con discapacidade no Concello de Ponteareas.

PRENSAHoxe, día 3 de decembro, é o “Día Internacional das persoas con discapacidade”, e ofrécenos unha oportunidade para impulsar a necesidade de romper barreiras e abrir portas co fin de crear unha sociedade que inclúa a todos.

Con este día pretendemos chamar a atención e mobilizar apoios (sociais e legais) para aspectos clave relativos á integración de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento.

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Servicios Sociais-Atención Primaria que dirixe Marisol Valado quere poñer de manifesto neste  día dende o centro Asprodico ofrece a todolos veciños con algun tipo de discapacidade psiquica novas posibilidades nas melloras dás suas habilidades e coñecementos, a través do seu obradoiro ocupacional para maiores de idade, neste senso dende o Concello establecense convenios de colaboración con entidades como ADAPTA e COGAMI, co fin de aumentar a oferta de servizos a estes colectivos.

O longo deste  día os alumnos e monitores de Asprodico acompañados da Concelleira,  visitaran o Colexio Santiago Apostol aproveitando para transmitirlles as súas experiencias do proxecto que recentemente foi presentado chamado “Novela Viva”. Tamén percorrerán as rúas de Ponteareas para concienciar os veciños da importancia desta xornada en prol das melloras para a súa integración

Moitos  personaxes famosos con discapacidades demostráronnos que, a pesar dos seus diversos hándicaps, se pode vivir na sociedade e achegarlle moito. Moitas persoas con carencias físicas puideron vencelas co seu talento e son claros exemplos de superación. Tal é o caso de Stephen awking,  Beethoven, Christopher Reeve, actor coñecido por encarnar ao mítico superheroe Superman, Frida Kahlo,-Louis Fraille, Hellen Keller, Van Gogh, Francisco Goya.

Estes e outros moitos exemplos pódense citar para demostrar que, malia a falta ou diminución dalgunhas capacidades, todas as persoas somos válidas. Só necesitamos o apoio da sociedade, e a súa valoración.