Día das Letras Galegas en Ponteareas

LediciasO Día das Letras Galegas, sábado 17 de maio, o Concello de Ponteareas acollerá unha serie de actividades que principiarán ás 17:30 horas na Praza Maior cun espectáculo de maxia, titulado  “Ledicias”,espectáculo dirixido ao público infantil e ás súas familias.

pedra da garza

A continuación, ás 19:00 h, haberá unha exaltación do folclore e da música tradicional a través do Grupo folclórico e pandeireteiras Pedra da Garza, de Fozara, quen deleitará aos ponteareáns cun pasacalles para despois na devandita praza facer unha actuación de baile folclórico e cantos de pandereiteiras.

Concerto Cantos Galegos

 

Para finalizar o día, ás 20:30 h o Auditorio Reveriano Soutullo acollerá o concerto “Cantos Galegos”, a cargo do Obradoiro Vocal A Vila, Coro “Cantemos Xuvenil” e “Voces do Arrieiro”, onde se compaxinarán a música culta, coas novas voces e o canto popular.

Este concerto será un concerto solidario a favor do Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas. Toda persoa que o desexe pode levar produtos de primeira necesidade e produtos de aseo.