Este martes, día 14 de maio, máis de 50 adultos asistiron á xornada de aproximación ao Día das Letras Galegas no Centro Asprodico. Esta xornada dirixida polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, e levada a cabo polo Servizo de Normalización Lingüística desde hai varios anos, ten por obxecto darlles a coñecer o significado deste día no que se homenaxea este ano a Xosé María Díaz Castro, achegándolles a súa vida e a súa obra.