Día da patria galega en Ponteareas

O concello de Ponteareas celebra o Día da Patria Galega mañá día 24 de xullo coa lectura do manifesto a cargo do poeta Kiko Neves e a continuación o concerto de Xardín Desordenado ás 21 horas nos xardíns do concello. 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convida á veciñanza a participar neste acto institucional.