Dezaoito propostas gastronómicas para tódolos paladares na ruta Bocados de Outono

Dezaoito propostas gastronómicas para tódolos paladares na ruta Bocados de Outono

Nesta nova edición haberá tapas sen glute e tapas veganas ademais de receitas sorprendentes realizadas con produtos de tempada

A clientela participará no sorteo de cinco grandes agasallos

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concellería de Promoción Económica convidan a toda a cidadanía a probar as delicatessens que a hostalaría ponteareá ten para ofrecer nesta nova edición de Bocados de Outono na que participan un total de dezoito locais de hostalería

O 31 de outubro arranca esta proposta gastronómica que porá en valor os produtos de tempada e promocionará a hostalería local os días 31 de outubro e 1,2,7,8,9,14,15 e16 de novembro a partir das 20 horas.

Todos os xoves, venres e sábados poderanse degustar as dezaoito tapas que se ofrecen nesta ruta gastronómica por 2,50€ cada unha delas, un prezo para tódolos petos e así poder facer partícipes a todos e todas os que queiran probar estes petiscos de primeira calidade. Un prezo único para múltiples sabores que sorprenderán os paladares.

Tapas para todos e todas

A hostalería ponteareá quere que todas as familias poidan participar e por ese motivo ofrecerá tapas veganas en catro dos locais participantes e tapas sen glute en outros sete locais. O pulled de xarrete e cogomelos de tempada, o fungo funga, a copa e puro, o nagiri de cachucha de porco celta con boletus e trufa, a tosta de setas e froitos secos, os callos veganos con setas e calabizo, as delicias de secreto ibérico con salsa de castañas ou o risotto con cogomelos e castañas son as propostas que temos para as persoas que se decanten polas tapas sen glute ou polas tapas veganas.

Na páxina web do concello poderase descargar o plano do roteiro con todos os locais participantes e as tapas que se ofrecen destacando cun distintivo a oferta sen glute e a oferta vegana. http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2019/10/diptico-outono-ponteareas-2019-4-1.pdf

Participar ten premio

Como cada ano a concellaría de Promoción Económica quere premiar aos participantes e sorteará cinco grandes agasallos; un primeiro premio cun cheque regalo de compra de 150€ canxeables no comercio local; un segundo e terceiro premio cun cheque agasallo de 50€ canxeables nos locais participantes e un cuarto e quinto premio consistente nun lote de produtos da Feira de Outono. Deste xeito ademais de promover os locais de hostalería tamén se promociona o comercio local.

Todos e todas as participantes poderán, ademais, puntuar as tapas que degusten para elixir a mellor desta edición .

O concello agradece a implicación da hostalería local e tamén do tecido comercial e convida á cidadanía a facer un percorrido por tódolos locais para poder valorar e descubrir as receitas máis saborosas con ingredientes de tempada.