Dez nadadoras do Club Natación Ponteareas fan historia e entran da división de bronce

Esta fin de semana o  equipo feminino do Club Natación Ponteareas, formado por 10 nadadora, vai competir na división de Bronce da natación española (2.ª división) nun grupo formado por 16 equipos nacionais.

É a primeira vez que o Club se clasifica para esta competición. O acceso a esta proba mostra que as marcas das nadadoras do Club esta tempada se atopan entre as mellores de España. Así, do 20 a 22 de Decembro no centro acuático Mundial 86 de Madrid loitarán por manter a categoría e obter praza directa para a próxima edición, o que suporía unha actuación brillante destas 10 nadadoras.

A concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo no nome de todo o goberno deséxalles unha boa xornada.