Un desfibrilador garantirá as intervencións de emerxencia na piscina municipal

A Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Sanidade e promoción da saúde, que dirixe a socialista Vanesa Fernández, entrega un desfibrilador DESA semiautomático á Piscina Municipal.

Dentro do programa do Plan de Bombeiros de Ponteareas entrégase un novo desfibrilador que se suma aos cinco entregados nos últimos meses ubicados no campo do Areas, no campo de fútbol de Pardellas, no de Angoares, nos bombeiros e a protección civil; todos eles lugares cunha alta afluencia de persoas ao igual que no caso da piscina.

Logo de ter realizado a correspondente formación para o seu uso, os técnicos da piscina recibe este desfibrilador que garantirá unha intervención  de emerxencia nos casos precisos á espera da chegada dos equipos médicos de urxencia.

Coa intención de convertir Ponteareas nunha vila cardioprotexida, a Concelleira de Sanidade, explica que se seguirán a entregar novos desfibriladores dando prioridade aos puntos con alta afluencia de persoas.

Vanesa Fernández agradece a boa disposición de Insdega e o interés do equipo da piscina ao ter a preocupación de ter un vila protexida.

Un desfibrilador como o da piscina de Ponteareas podería ter axudado en casos como o lamentablemente acontecido onte xoves nas inmediacións do estadio San Mamés en Bilbao no que un ertxaintza perdeu a vida por un infarto durante unha intervención de seguridade cidadá.