Deseño creativo na biblioteca

A concellería de Cultura e Turismo do concello de Ponteareas, dirixida por Hortensia Bautista, convida a todos os pequenos e pequenas a partir dos seis anos a participar no obradoiro creativo “Deseña a túa propia mochila e leva os teus libros sempre contigo” que se desenvolverá na biblioteca municipal este xoves 4 de outubro de 18 a 19:30 horas. A inscrición deberá realizarse na propia biblioteca ou no número de teléfono 986 660 765 xa que tan só hai vinte prazas.