A pasada fin de semana celebrouse en Madrid o XXXII Campionato de España de Wushu Artes Marciais Chinas con participantes de toda España, o Club Sport Factory aportou á selección galega dous competidores en formas e tres en combate sanda, ademais de dous competidores externos que adestran no club.
Segundo adianta o Club o resultado deste campionato foi máis que positivo xa que se fixo cun total de sete ouros, dúas pratas e un bronce nas seguintes categorías:
Aldán Pose con dous ouros en arma curta sur e man baleira sur en categoría cadete.
Alai Merino con dous ouros en arma curta sur e man baleira sur e unha prata en arma longa palo na categoría junior.
Mario Pino que competíu na categoría senior acadaou o ouro en combate Qingda 75kg.
Alexia Ortega acadou o ouro en arma longa sur e a prata en man baleira sur na categoría senior.
Patricia López conseguíu o ouro en arma longa lanza e bronce en arma curta norte tamén na categoría senior.
Na modalidade de combate participaron Luis Candeira e José Rojo.
Xunto a este equipo de ponteareáns acudiron como árbitros Araceli Pérez, Jorge Cameselle e Raimundo Docampo.
O concelleiro de Deportes, Benito Fernández, felicítaos polos seus excelentes resultados e anímaos a seguir adestrando coas mesmas gañas.