
A deportista Carla Carrón
A natación está a dar moitas alegrías ao Concello de Ponteareas nestes días.
A nadadora Carla Carrón, do Club Natación de Ponteareas, compite hoxe no Mundial de Xapón, na proba de relevo 4×200. Carla é unha das deportistas galegas con máis proxección e seguro dará moito de que falar neste Mundial e en futuras competicións.
Pola súa banda, no campionato de España Open-Junior absoluto, que se disputa estes días en Málaga, a deportista Iria Lemos acadou dous bronces na proba de 50 mariposa, e rexistrou a mellor marca galega da súa idade.
Ambas as dúas pertencen ao Club de Natación de Ponteareas e son un orgullo para a veciñanza do municipio

A deportista Iria Lemos