Dende mañá sábado ata o xoves 30 poderanse solicitar as axudas municipais para as traídas de augas

O Concello de Ponteareas informa que hoxe saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases da axuda municipal para as comunidades de usuarios de augas (traídas de augas). A partir de mañá e ata o vindeiro xoves día 30 de xullo, ámbolos dous incluídos, as comunidades de augas interesadas poderán achegar as súas solicitudes coa documentacion por medio da sede electrónica.

A cidadanía pode consultar as bases e descargar os formularios na páxina web do Concello, no botón “axudas e subvencións” ou directamente premendo nesta ligazón https://ponteareas.gal/axudas-subvencions/