DATAS DA ITV EN PONTEAREAS PARA O ANO 2020

A Policía Local de Ponteareas informa das datas da ITV en Ponteareas para este ano 2020.

Para os vehículos agrícolas estará a unidade móbil 10 no campo de fútbol de Pardellas o vindeiro 27 de marzo en horario de 9 a 13:30 horas e do 30 de marzo ao 1 de abril en horario de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas.

Para os vehículos lixeiros estará a Unidade Móbil 6 na explanada do campo de fútbol de Pardellas do 4 ao 5 de marzo en horario de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas, agás o día 5 que terá lugar só en horario de mañá de 9 a 13:30 horas.