Curso oficial de socorrista acuático na Piscina Municipal

A Piscina Municipal integrada no Complexo Deportivo Álvaro Pino, que xestiona Insdega XXI S.L, ven de conseguir a concesión para impartir un curso de socorrismo nas súas instalacións. 

Dada a alta demanda deste perfil de profesionais o curso comezará de inmediato o día 1 de decembro e rematará o vindeiro 15 de decembro de 2017 impartindo un total de 150 horas. 

Todos e todas as que estean en posesión dun título en ciencias da actividade física ou do deporte ou técnicos en actividades físico-deportivas poderán inscribirse no número de teléfono 981 97 71 20 ou no correo electrónico fessga@fessga.es. Os e as interesadas poden obter máis información na páxina web da Federación de Salvamento e Socorristas de Galicia.

Os futuros socorristas deberán velar pola seguridade dos e das usuarias de pisicinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de xeito eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. 

O curso está aberto ás primeiras vinte prazas, admitindo aos alumnos e alumnas por estricto orde de chegada da documentación á FESSGA e co pago da reserva da praza. 

As clases desenvolveránse os venres de 16 a 20 horas, os sábados de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas e os domingos de 10 a 14 horas.