Curso de bebidas e cócteles sen alcohol en Ponteareas

omixA Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Xuventude  que dirixe Andrés Sampedro Fernández, organiza un taller de bebidas e cócteles sen alcohol, que terá lugar os días 28 e 30 de xullo.

O consumo de bebidas alcohólicas entre a mocidade é un problema social e de saúde, que afecta a idades cada vez máis temperás. O fenómeno do “botellón” é un problema que está a causar graves consecuencias entre a mocidade que recurre ao consumo de alcohol como modo de divertimento.

Por iso o fomento doutro tipo de bebidas moito máis saudables é un bo xeito de fomentar bos hábitos entre as persoas máis mozas, que están en periodo de desenrolo físico e mental.

Os obxectivos deste obradoiro son:

Tomar conciencia da importancia de ter hábitos saudables.

  • Previr situacións de risco para a saúde das persoas mozas.
  • Apreciar o valor das bebidas saudables como alternativa recomendable e divertida para os momentos de ocio.

As clases desenvolveránse na Sala de Usos Múltiples Biblioteca Municipal de Ponteareas en horario de 11:00 h a 13:00 h

Este curso de bebidas e cócteles sen alcohol é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX  de Ponteareas, e  os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 105 468