Curso de auxiliar de servizos e control de accesos

PRENSA-1O xoves 18 de setembro iniciouse  o curso de Formación Profesional  “Auxiliar de Servizos e control de accesos”, impartido e organizado dende COGAMI.

Esta acción formativa, dirixida ó colectivo das persoas con discapacidade, enmarcase dentro do Convenio de Formación Profesional das persoas con discapacidade 2014, programa operativo FSE- Galicia 2007-2014, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.

O curso conta de un total de 280 horas, repartidas de luns a venres en horario de 15:30 a 21:00, dende o 18 de setembro ata o 28 de novembro, e nel van participar un total de 12 alumnos con discapacidade do concello de Ponteareas e concellos limítrofes.

A dita presentación asistiron a concelleira de servizos sociais-atención primaria, Marisol Valado e o director do centro Asprodico, Aurelio Otero, que xunto a presidenta de Adapta e persoal de Cogami,  aproveitaron para saudar a todos os alumnos e alumnas deste curso, animándoos a   aproveitar dita  formación de cara o mundo laboral.

A actividade vaise levar a cabo no centro municipal Asprodico. Isto é posible polo compromiso adquirido a través de un convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ponteareas, COGAMI e a Asociación Adapta, para a posta en marcha  de actividades e servizos dirixidos as persoas con discapacidade. Para o alcalde un  dos obxetivos principais é  a  integración socio-laboral deste colectivo do concello de Ponteareas e das comarcas do Condado e Paradanta.