Cultura entrega os premios dos III Xogos Florais

O xurado do concurso de poesía “III Xogos Florais de Ponteareas” formado por Hortensia Bautista Fernández, concelleira de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo do Concello de Ponteareas en quen delegou o Alcalde, Roi Vidal Ponte, Marta Dacosta Alonso, Diego García Represas e Manrique Fernández Váquez, e como secretaria Sofía Rodríguez Suárez  traballadora da Biblioteca Municipal, avaliou os trinta e un traballos presentados na categoría infantil, os catro da categoría xuvenil e os nove da categoría adultos e fará público o nome dos premiados e das premiadas nun acto que terá lugar o vindeiro sábado día 9 ás 20:00 horas na sala multiusos do auditorio municipal. Os gañadores e as gañadoras desta terceira edición recibirán un trofeo, un diploma e unha flor.

Tra-la lectura dos poemas presentados, os membros do xurado coinciden en valorar o bo nivel medio dos participantes. 

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, felicita aos participantes pola boa calidade do traballo realizado animándoos a seguir escribindo e creando pezas literarias fermosas, comprometidas e singulares.