Cultura 24 percorre diferentes parroquias do Concello de Ponteareas

A Concellaría de Cultura dentro do programa Cultura24, leva teatro e música a diferentes parroquias do Concello para que toda a familia goce coas agrupacións de  teatro e coa música do noso concello.

Dentro deste programa pensado para achegar actividades culturais e de lecer as parroquias nos vindeiros días están programados os seguintes actos: O sábado 23 a veciñanza de Santiago de Oliveira poderá gozar co repertorio musical da Charanga Alecríns, o domingo 24, o Grupo de Teatro de Xinzo realizará unha representación teatral na Casa Cultural de Fozara e o luns 24, o grupo Roncofol dará un concerto na parroquia de Prado.

O programa cultura 24 incluíu ademais das indicadas actuacións das Bandas de Música do Concello, o grupo Voces de Arrieiro e outras agrupacións folclóricas do Concello. 

Fernando Groba, concelleiro de Cultura, convida a toda a cidadanía a participar nas actividades que dentro do programa Cultura 24 se desenvolven por diferentes puntos do noso concello e sinala que estas actividades se realizan cumprindo co protocolo anti Covid para garantir a seguridade e a saúde do público asistente.