Créase unha nova liña comercial no mercado ambulante

DSC02830Dende a Concellería de Comercio, que dirixe Marisol Valado, estase a traballar para habilitar un novo espazo dentro do mercado ambulante, que se recollerá na ordenanza municipal e que estará adicado a unha nova liña comercial de venda de artesanía, artigos de segunda man e antigüedades, así como tamén se contemplará  a posibilidade de autorizar, para algún destes sábados,  a veciños e veciñas de Ponteareas, para que poidan trocar ou vender a un mínimo  coste artigos  en desuso do fogar.

Esta iniciativa xurde  da asociación de comerciantes Tea, como unha fórmula de potenciar e facer máis atractivo o mercado, así como todo o sector comercial de Ponteareas; para elo   levaron a cabo varias reunións coa concelleira,  coa asociación de  hostelería e  cargos políticos do Concello, recibindo de todos o seu apoio e interese, para darlle forma a dita iniciativa. Tamén foi levado á mesa local de comercio, onde acadou os votos a favor.

Este mercado realizarase todos os primeiros sábados de cada mes e contará cunha ubicación diferenciada, dentro do contorno do mercado ambulante.

Os interesados deben facela petición por rexistro do Concello, así como adxuntar a documentación necesaria e a correspondente pago da taxa municipal. Poderán ter máis información no teléfono do Concello, 986640000 ou no correo electrónico atencionprimaria@ponteareas.es