A mocidade volve ter unha cita con actividades deseñadas por e para eles este venres e este sábado no parque da Feira Vella, así o explica o concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó quen os/as convida a participar no obradoiro de elaboración de cosmética artesanal o venres día 14 ás 21 horas. O sábado día 15, tamén ás 21 horas, obradoiro “Cociñando Xuntos”. Diversión sana e saudábel cada semana coas suxestións de Mocidade Viva. Se tes doce anos ou máis e estás interesado/a debes inscribirte no enderezo electrónico omix@ponteareas.gal.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies