Corredores Festeiros entrega 4.850€ á Asociación Down Vigo

Corredores Festeiros entregou hoxe 4.850€ a Asociación Down Vigo recadados na I carreira “6 horas Vila do Corpus” que se celebrou o pasado 15 de xullo en Ponteareas.
Organizada polo Concello de Ponteareas, “6 horas Vila do Corpus” congregou a douscentos cincuenta corredores profesionais e amateurs. Nesta primeira edición o equipo Bikila de Vigo superou o récord do mundo da maratón feita por equipos.
Os cartos recadados proceden do total dos beneficios obtidos na carreira pola venda de camisetas e o prezo da inscrición.
A proba que percorreu un km polo centro de Ponteareas contou con actuacións en directo de grupos e artistas de diferentes estilos e corredores chegados de toda Galicia e do resto do territorio español.
A Concellería de Deportes felicita a Corredores Festeiros pola súa iniciativa e polo éxito da carreira que encheu de deportistas e visitantes o centro urbano. Tamén agradece o seu traballo altruista en prol dunha asociación que axuda a tantos mozos e mozas