A Corporación Municipal de Ponteareas realizará o pleno ordinario o próximo 18 de maio ás 20.00 horas

O Goberno local proporá un novo Orzamento municipal do 2016 tras máis de seis anos prorrogados.

Entre os puntos a tratar na orde do día do pleno ordinario do mércores 18 de maio que comezará ás 20.00 no salón de plenos da Casa do concello, por parte do Goberno local destaca, sobre todo, a proposta de aprobación inicial dos Orzamentos municipais para o exercicio económico do 2016, tras máis de de seis con estes prorrogados. Xunto cabe sinalar a proposta de Plan Económico-Financeiro, consecuencia do incrumpimento da regra de gasto na Liquidación do Orzamento correspondente ao exercicio do 2015. Amais, exporase o informe de Intevención de avaliación do cumprimento do obxectivo de Estabilidade Presupostaria e do límite de débeda con motivo do novo orzamento para o 2016. Tamén proporá aprobación inicial do Regulamento Interno de Acción Voluntaria do Concello.

Por parte dos grupos municipais hai mocións de diferentes tópicos: Esquerda Unida-Son presenta mocións en relación á proposta de adhesión á campaña BDS, para o control da avespa velutina, e sobre a confesionalidade do Concello; o PSdeG-PSOE propón o rexeitamento en moción do acordo acadado entre os Xefes de Estado e do Goberno da Unión Europea con Turquía sobre a devolución dos refuxiados; o BNG, pola súa parte, propón unha moción sobre o apoio aos traballadores autónomos da Cooperativa Servicarne, que traballan en Frigolouro; por último, o PP pide modificar a Ordenanza fiscal do imposto sobre o Incremento do valor dos terreos da natureza urbana, para engadir unha nova bonificación, así como reclama explicación ao Alcalde sobre empresas contratadas para levar a cabo diferentes de mantemento e reparación.

Ligazón a orde do día do pleno