Ordenanza Municipal de Ruidos. Proceso de participación e aprobación

Queremos un concello onde se respecten os principios básicos de  convivencia e civismo e os dereitos se exerzan respectando os das demais  persoas. Conciliar o dereito ao ocio e as actividades económicas e industriais co dereito ao descanso e á saúde é un dos nosos obxectivos  nun pobo onde soportamos importantes problemas de convivencia, entre  eles o ruido. Para acadar ese obxectivo é preciso termos as ferramentas  xurídicas imprescindibeis que regulen a emisión de ruidos garantindo o  dereito ao descanso e á intimidade das persoas. Con esa finalidade  abrimos este proceso de participación: para dotármonos dunha ordenanza municipal de ruidos que regule a súa emisión e estableza as medidas  correctoras e sancións cando as normas de convivencia nesta materia non se respectan. Para poder contar cunha ordenanza eficaz abrimos un  PROCESO PARTICIPATIVO no que animamos a todos e todas as ponteareáns a  participar. A proposta inicial de ordenanza parte dun modelo aprobado  pola Xunta de Galicia o pasado ano. Queremos que nos deas a túa opinión  e que fagas as túas suxestións para mellorar a norma e adaptala á  realidade de Ponteareas. O proceso participativo estará aberto até o  vindeiro 12 de setembro e a nosa intención é aprobar a nova ordenanza no  Pleno Ordinario do 24 de setembro”.

Para participar, preme aquí