- Intervención Xeral do Estado (IGAE)
A Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) é o órgano de control interno do Sector Público Estatal e o centro directivo e xestor da contabilidade pública.Como órgano de control, a IGAE é a encargada de verificar, mediante o control previo da legalidade, o control financeiro permanente, a auditoría pública e o control financeiro de subvencións, que a actividade económico-financeira do sector público estatal se adecúa aos principios de legalidade, economía, eficiencia e eficacia.
Como centro xestor e directivo da contabilidade pública lle compete proporcionar información contable fiable, completa, profesional e independente sobre a xestión pública. E neste sentido ten a responsabilidade de elaborar as contas económicas do sector público segundo a metodoloxía do Sistema Europeo de Contas Nacionais, cuxo resultado máis concreto e específico é a determinación da cifra fundamental na vida económica da nación, de déficit público, tanto do total das Administracións Públicas como de cada un dos seus subsectores.
A través da súa páxina web pódese acceder ás diversas publicacións estatísticas e informes realizados pola IGAE, reflexo das funcións arriba enumeradas e á normativa actualizada no ámbito de control económico-financeiros e da contabilidade pública, directamente ou a través das súas bases de datos propias.
- Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA)
O Servizo Nacional de Coordinación Antifraude é o órgano encargado de coordinar as accións encamiñadas a protexer os intereses financeiros da Unión Europea contra o fraude en colaboración ca Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) Atópase integrado na IGAE e, de acordo coa Disposición Adicional 25ª da Ley 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, lle corresponden as seguintes funcións:
a) Dirixir a creación e posta en marcha das estratexias nacionais e promover os cambios lexislativos e administrativos necesarios para protexer os intereses financeiros da Unión Europea.
b) Identificar as posibles deficiencias dos sistemas nacionais para a xestión de fondos da Unión Europea.
c) Establecer os canles de coordinación e información sobre irregularidades e sospeitas de fraude entre as diferentes institucións nacionais e a OLAF.
d) Promover a formación para a prevención e loita contra o fraude.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies