Contos e historias con Celso Fernández este domingo en Arcos

A concellería de Cultura e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza a desfrutar dos contos e historias de Celso Fernández Sanmartín este domingo 31 de marzo ás 19:00 horas na casa cultural de Arcos. Actividade programada dentro de Cultura 24 que achega ao rural propostas de lecer e culturais totalmente de balde financiadas pola concellería de Cultura.