Conta atrás para a segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa

O concello de Ponteareas de Ponteareas da o pistoletazo de saída da segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas, que comeza mañá día 3 e encherá de maxia e bo humor as rúas de Ponteareas ata o 6 de xullo con espectáculos teatrais itinerantes e funcións en escenario das máis variadas disciplinas coma circo, maxia ou monicreques e con compañías chegadas de Cuba, Portugal Madrid ou Galicia.

Os espectáculos itinerantes daranlle ambientación a diferentes puntos da vila nos seus percorridos con compañías como Projeto Ez, The Turres Band ou EducaTeatro, e nos escenarios fixos contaremos con “Javi-Javichy”, “Raúl el Mago “ ou “Wilbur ”(entre outros), un elenco cun alto nivel artístico do que tamén forman parte as propostas galegas coma Trasno ou Mircromina Títeres.

Público tamén disfrazado

Un ano máis o noso festival destacará porque nos número itinerantes será o público o protagonista tendo que vir disfrazado segundo sexa a temática.

O Festival arrancará o mércores 3 de xullo nos Xardíns da Xiralda, diante do Concello, ás 19.00h., cun espectáculo itinerante a cargo da compañía Proyeto EZ, de Portugal, co título “Dragonología, onde un doce dragón percorrerá as rúas de Ponteareas axudado polo público que deberá vir difrazado ben de dragón/a ou algún personaxe de conto.

Ademais contaremos co acompañamento da Turres Band.

O percorrido desembocará ás 19.30h. no Parque da Perillana para darlle o paso a Pistacatro, quen a cargo de Trasno ofrecerá un espectáculo de circo e humor.

Xa para rematar este primer día o dragón dará ás 20.30h unha nova andaina acompañada da Turres Band, que irá do Parque da Perillana até a Praza Maior.

O xoves tocaralle o turno a Javi-Javichy, El Malabarista de la Pista ás 19.30h na Praza de Bugallal, un dos mellores malabaristas de rúa quen coa súa obra mistura técnicas circenses e moita participación e humor. Ademais tamén teremos os itinerantes polas rúas e prazas ás 19.00h. e 20.30h.

O venres ás 19.00h. arrancará co espectáculo itinerante a cargo de EducaTeatro cunha ambientación circense, neste caso o público pode vir disfrazado de calquera personaxe do circo ou dos contos…ou do que lle guste. Ademáis poderemos desfrutar dunha función de títeres a cargo da compañía Mircromina Títeres coa obra “A Familia unida” ás 19.30h. no Parque da Perillana, e tamén das maxias do Gran mago Raul de Cuba as 21.00h. no Parque das Pombas. O broche do día virá a cargo da Turres Band.

O sábado o Festival contará con “Os Porquiños van de Festa” de EducaTeatro para nos acompañar nos nosos percorridos polas rúas de Ponteareas.

Ademais poderemos desfrutar do Mago Raúl ás 19.30h. na Feira Vella e na Praza Maior ás 21.00h. un dos mellores acróbatas cómicos a nivel internacional, o gran “Wilbur” que ofrecerá un espectáculo de acrobacia e humor, unha proposta impactante tanto na técnica coma no físico de importante sona.

A festa de clausura será a cargo de EducaTeatro e os seus “Porquiños”.

Inclusivo e interactivo o II Festival Internacional de Teatro de Rúa fará que todo o público participe e se convirta nunha personaxe do mundo da ilusión grazas, unha vez máis, ao asesoramento de Luís Crespo de Teatro do Zurdo.

O Alcalde Xosé Represas, a concelleira de Ensino e Eventos, Cristina Fernández e o concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, reafirman o seu compromiso de ter unha programación cultural e de lecer estable coa que encher as rúas de cultura e, neste caso, de teatro e de animación coas que promover a creatividade e as actividades para desfrutar en familia.