Conferencia sobre “Alimentación e saúde” no Centro Artístico Sportivo

CONFERENCIA ALIMENTACIÓN docEste venres, día 28 de novembro, ás 20:30 horas, o Centro Artístico Sportivo acollerá a conferencia “Alimentación e saúde”, organizada polo Concello de Ponteareas, e que correrá a cargo de Plácido Castro Fernández, médico especialista en dietética e nutrición. Nesta conferencia tratarase da importancia que ten a alimentación para a saúde, tendo en conta que a maioría das enfermidades da nosa civilización están en relación coa forma de alimentarse, como a diabete, obesidade, hipertensión arterial, alteracións do colesterol, ácido úrico, etc. O obxectivo da charla é informar de cómo pequenos cambios na elección dos alimentos poden ser de vital importancia para conservar ou mellorar a saúde.
Plácido Castro Fernández é licenciado en medicina e cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e desde o ano 2000 centra a súa actividade na consulta de dietética e nutrición. Esta actividade permitiulle ser relator e participar en charlas de difusión da alimentación e a importancia na saúde. Recentemente editou unha Guía básica de alimentación saudable, onde de forma rápida e sinxela se poden atopar as claves para a alimentación correcta.

O Concello de Pontareas, segundo o concelleiro de Educación, Andrés Sampedro Fernández, aposta pola educación en alimentación saudable como piar fundamental, destacando a importancia dos hábitos saudables desde idades temperás, en concreto, desde a infancia e que vai supoñer que na idade adulta se manteñan os costumes de alimentación sá e equilibrada que redundará nun mellor rendemento tansto físico coma intelectual.