Conferencia en torno a obra de Fermín Bouza Brey

fermin-bouzaO xoves, día 27 de marzo,  ás 20.00 h. terá lugar na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas unha xornada de achegamento a figura do escritor ponteareán, Fermín Bouza Brey.

A conferencia correrá a cargo de Dona. María Camiño Noia Campos, catedrática de Literatura Galega da Universidade de Vigo. O titulo da conferencia é: “Bouza Brey, colector e cantor de trobas”

Esta xornada de achegamento, explica o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, “forma parte do amplo abano de actividades que desenvolve o Concello de Ponteareas para dar a coñecer a figura de Fermín Bouza Brey, entre as que destacan as charlas dirixidas aos escolares de Ponteareas e que se desenvolven nos colexios do municipio,”.

Este acto ten como obxectivo homenaxear e difundir a obra e figura do insigne escritor ponteareán entre a poboación en xeral de Ponteareas, para por en valor e dar a coñecer os nosos escritores máis ilustres.