Coñece Ponteareas viaxa aos xacementos de ouro no río Tea

A concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, convida a toda a cidadanía a participar no roteiro dos minerais “Os xacementos de ouro no Tea” que terá lugar o sábado día 4 de maio a partir das 16:30 horas.

Dentro do programa “Coñece Ponteareas” terá lugar este novo roteiro que para chegar a un maior número de participantes ofrece dúas alternativas. A primeira delas é a andaina ao Castro da Croa en Ribadetea con saída ás 16:30 horas dende a ponte de San Roque e regreso á Moscadeira. A segunda opción é coller o autobús que o concello ofrece de balde ás 17:15 horas no auditorio municipal ata o Castro de Croa. Ás 19:15 horas partirán desde A Croa ata a Feira dos Minerais de Guláns para visitala e logo regresar en autobús.

Todas as actividades son de balde e os e as interesadas deberán inscribirse no teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.es