“Coñece Ponteareas” percorrerá o centro urbano para descubrir os monumentos

A concellería de Turismo, que dirixe Eva Gil, convida a toda a cidadanía a coñecer o centro urbano de Ponteareas, rúas e prazas cheas de historia e patrimonio arquitectónico que conforman a orixe dos e das ponteareás e que dende o goberno de Ponteareas queren dar a coñecer e por en valor.

Esta actividade programada dentro da iniciativa “Coñece Ponteareas” fixa o punto de encontro na biblioteca municipal ás 19:00 horas o vindeiro martes 24 de setembro e xuntos percorrerán o casco urbano na procura de monumentos e anacos da Historia.

De balde e para todos os públicos, os e as interesadas poden inscribirse no número de teléfono 986 660 765 ou en turismo@ponteareas.es