Concerto de Santi Araújo este domingo no auditorio

A concellería de Cultura e Turismo convida á veciñanza a asistir ao concerto de Santi Araújo este domingo día 25 de novembro ás 20 horas no auditorio municipal. A entrada é de balde ata completar aforo. 

Santi Araújo presentará “Catedral” de Ernie Produccións, un cancioneiro cheo de sentimento e repouso.