Concerto de Samuel Diz no Convento de San Diego de Canedo

carel concerto convento de canedoO Convento de San Diego de Canedo acollerá este xoves, 20 de novembro, diversos actos dentro do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. Entre eles, celebrarase un concerto na igrexa do convento franciscano deSamuel Diz, destacado guitarrista tudens, comprometido coa recuperación e dinamización do patrimonio musical galego.

Con anterioridade, ás 20:00 horas, Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, inaugurará xunto ao alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e o concelleiro de Ensino, Cultura e Turismo, Andrés Sampedro Fernández, a exposición “Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago”. Esta exposición audiovisual, composta de 50 fotos máis un audiovisual, é froito da viaxe realizada polo fotógrafo Manuel Valcárcel e o músico Alexandro González, seguindo a mesma ruta que desde Italia percorreu San Francisco ata chegar a Santiago de Compostela.