Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal de Música

Carteles – 5

O conservatorio de múscia de Ponteareas abre o ciclo de audicións este luns 18 de decembro ás 18 horas na sala multiusos do auditorio ás 18:30 horas cunha audición de guitarra. De seguido, ás 20 horas audición de viola e violonchelo.

O martes día 19 ás 17 horas e no mesmo emprazamento, audición de violín, e as 18:30 horas audición de piano para rematar ás 20 horas coa audición de guitarra.

O mércores día 20 ás 20 horas no auditorio municipal audicións e Concerto de Nadal.

A Concellería de Cultura convida a todas as veciñas e veciños a que participen nas actividades de Nadal e nesta ocasión de escoitar ao alumnado do Conservatorio Municipal de Música.