Concerto da banda da escola da Banda de Música Unión de Guláns

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a participar nunha nova actividade do programa Cultura 24 grazas ao que é posible unha programación estable ao longo de todo o ano nas nosas parroquias.

Nesta ocasión a banda da escola da Banda de Música Unión de Guláns actuará na casa cultural Antorcha de Cristiñade o domingo 15 de decembro ás 12:30 horas.