
O Concello de Ponteareas súmase ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e convida a toda a veciñanza a sumarse este luns 14 á concentración silenciosa en sinal de repulsa polos últimos e numerosos casos de violencia machista acontecidos. Por Anna e Olivia, por Rocío e por todas e cada unha das víctimas.
A concentración será ás 12.00 horas diante da casa consistorial.
#ninunhamenos #bastaxa #toleranciacero