O Concello retira cinza e terra das estradas

O Concello de Ponteareas limpa as estradas municipais que despois das primeiras chuvias están obstruídas coa terra e cinzas que esvaran das ladeiras dos montes. Esta mañá personal municipal retiraba arrastres de terra e cinzas nas estradas de Guláns. 

Por mor dos incendios o solo calcinado non retén a auga que arrastra ás estradas cinza, terra e follas. A palla estendida nos montes polos voluntarios coordinados pola oficina de voluntariado municipal a través de Voltea atenúa a erosión que as chuvias provocan no solo incendiado e axudan a rexenerar os montes.