Concello e hostalaría preparan unha nova edición dos Bocados de Outono

Un ano máis, Ponteareas vivirá na primeira fin de semana de novembro unha nova edición da Feira de Outono. A concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, convoca á hostalaría a unha reunión este venres día 18 ás 17:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello para o redeseño conxunto dunha nova edición de Bocados de Outono, organizada dentro da programación da XI Feira de Outono que terá lugar os vindeiros 2 e 3 de novembro co apoio da Deputación de Ponteareas.

Co obxectivo de mellorar cada edición, Eva Gil deseñará da man da hostalería as tapas que se ofrecerán, revisaránse os prezos e estudaránse os premios que a clientela recibirá como gratitude por confiar na hostalería local ademais de contemplar as posibles novidades que ofrecerá esta nova edición dos Bocados de Outono.