Concello e centros educativos achegan material de ensino ao alumnado que o precisa

A concellería de Educación informa que para evitar que as familias saian á rúa, entrégase o material que os centros educativos deciden ao alumnado que o precisa

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que empregados do Concello están a entregar material didáctico a aquelas familias que os centros eductivos consideran imprescindible.

En coordinación coas escolas, colexios e institutos de Ponteareas, a concellería de Educación achega aos domicilios este material para evitar que as familias teñan que saír dos fogares.

Cristina Fernández aclara que son os centros educativos os que deciden o material que hai que repartir e a que alumnado llo hai que facilitar. Grazas á colaboración entre os centros e o Concello é posible acurtar a brecha dixital e facer que os estudos continuen coa maior normalidade posible, “traballamos para que todo o alumnado dispoña das mesmas ferramentas e poida seguir formándose nas súas casas. Agradecemos a comprensión e colaboración das familias que afrontan a diario esta situación de excepción e que contribúen a saír desta crise sanitaria permanecendo nos fogares”.

Así mesmo, a Concelleira agradece a todo o profesorado e comunidade educativa en xeral a súa rápida adaptación e o traballo que fan na procura de novos recursos educativos.

Por último, a concelleira lembra que no botón “recursos lúdicos e educativos” da páxina web do Concello as familias poden atopar propostas para o tempo de lecer deseñadas para o público infantil e para as familias e tamén no botón “COVID-19” todas as medidas de urxencia adoptadas polo Estado nesta crise sanitaria, medidas sobre alugamentos, consumo ou axudas entre outras cuestións.

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Recursos-educativos.pdf

Nestes días ademais, distribuiránse vídeos con consellos e pautas para unha mellor convivencia nestes tempos de quedar na casa.

Toda a información sobre as medidas urxentes en:

COVID-19