O Concello de Ponteareas recoñece os éxitos deportivos do Club Natación Ponteareas

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, recibiron esta semana no salón de plenos da Concello aos nadadores do Club Natación Ponteareas pola súa exitosa traxectoria e logros acadados nesta última tempada deportiva, que estiveron acompañados por membros da directiva e do corpo técnico da entidade.
O Club Natación Ponteareas tivo representación no Campionato de España celebrado en Barcelona cos nadadores Pablo Cabana, Francisco Rodríguez e Marcos Martínez na categoría alevín; na infantil con Carla Faro, Andrea Domínguez e Javier Alonso e na junior con Irene Fernández e Laura Rodríguez.
Destaca o primeiro posto conseguido por Pablo Cabana que se proclamou campión de España en 1500 metros libres e subcampión en 200 mariposa, 400 libres e 400 estilos. Tamén é de salientar a actuación da infantil Carla Faro no Campionato de España celebrado en Málaga sendo finalista en tres probas do Top10 e Laura Rodríguez cun quinto posto en augas abertas en 7,5km en Banyols.
Andrés Carrera, presidente e director técnico do Club Natación Ponteareas, destacou que “cunhas marcas mínimas moi esixentes, tan so o feito de participar é un éxito; estar nos campionatos de España é un logro e un mérito que debemos recoñecer”.
Tanto o Alcalde como o concelleiro de Deportes felicitaron aos nadadores do Club pola súa actuación e animáronos a seguir levando o nome de Ponteareas vinculado ao deporte e á natación.